Tuesday 14 de May de 2024

Cortes de tráfico nas rúas Daniel Castelao e Ricardo Cubeiro esta semana


Debido ao avance das obras de reurbanización do centro de Santa Cruz, esta semana será preciso cortar o tráfico nas rúas Ricardo Cubeiro e Daniel Castelao para proceder á súa pavimentación.

O martes 21 e mércores 22 de novembro estará cortado o tráfico na rúa Daniel Castelao (incluído o acceso a garaxes) entre as 8:00 e as 19:00 horas (agás para servizos de emerxencia e vehículos de transporte adaptado). Fóra deste horario permitirase a circulación, pero provisionalmente en dobre sentido e cun único acceso e saída a través da rúa Ricardo Cubeiro.

O xoves 23 e venres 24 de novembro estará cortado o tráfico na rúa Ricardo Cubeiro (incluído o acceso a garaxes) entre as 8:00 e as 19:00 horas (agás para servizos de emerxencia e vehículos de transporte adaptado). Os residentes da rúa Daniel Castelao circularán en dobre sentido e cun único acceso pola rúa Eduardo Pondal.